A Comisión Europea lanzou a iniciativa “The Next Generation Internet” na que a FSFE forma parte do seu consorcio NGI0.

O propósito da iniciativa é crear tecnoloxías para unha mellor internet, onde os mellores intereses dos usuarios individuais sexan a máxima prioridade, tecnoloxías da internet que respecten os dereitos humanos e valores importantes como a privacidade, a franqueza, a transparencia, a cooperación e a protección de datos.

A iniciativa divídese en dúas ramas baixo a NLnet Foundation, para outorgar subvencións ás tecnoloxías candidatas, e onde a FSFE fai recomendacións de licenzas de software libre e labores de consultoría, asesorando sobre como aplicar correctamente as licenzas, e asegurándose de que as súas tecnoloxías sexan compatibles.

Estas son as ramas:

  • NGI0 PET, tecnoloxías que melloran a privacidade e a confianza na internet.
  • NGI0 Discovery, fortalecer a forma en que buscamos e descubrimos contido na internet apoiando valores sociais importantes e garantindo que a procura de información estea menos centralizada.

Todas estas tecnoloxías basearanse e estarán dispoñibles como software libre e de código aberto.

As convocatorias de candidaturas dos proxectos renóvanse cada 2 meses. Actualmente atópanse no medio da súa segunda convocatoria, finalizando o 1 de abril de 2019.

 

Máis información:

Pin It on Pinterest

Share This