Podes descargar, de forma gratuíta, o libro electrónico “Ebook OpenExpo Tendencias Open Source y Software Libre 2019” que OpenExpo Europe publicou coa testemuña de máis de 100 profesionais do mundo do Código Aberto, e onde falan da súa visión sobre o uso das tecnoloxías abertas, así coma das tendencias tecnolóxicas que van afectar a este mundo durante o 2019.

Atoparemos comentarios sobre diferentes tecnoloxías e do impacto que van ter tanto nas nosas vidas, como no ámbito empresarial.

Nesta edición, presentan unha clasificación por sectores e temáticas, para poder ofrecer unha visión máis transversal e especializada.

O índice, por sector e temática, no que dividen a publicación é este:

  • Government & Public Sector (Goberno e Sector Público)
  • Telecommunications Sector (Sector das Telecomunicacións)
  • Fintech / Financial Services (Fintech / Servizos Financeiros)
  • Tourism & Transport Sector (Sector de Turismo e Transporte)
  • IoT & Smart Cities (Internet das Cousas e Cidades Intelixentes)
  • Cybersecurity Open Source Software (Software de Ciberseguridade de Código Aberto)
  • Education sector (Sector Educativo)
  • Healthcare sector (Sector Sanitario)
  • Cloud Computing (Computación na nube)
  • Digital Transformation (Transformación Dixital)
  • Future Global Visions of Open Source & Free Software (Futuras visións globais do código aberto e do software libre)

E como conclusións finais, expoñen as tendencias máis relevantes para 2019:

  • Big Data
  • Intelixencia Artificial
  • Internet das cousas

e o que veremos no 2019:

  • IA, máquinas e sistemas intelixentes
  • IoT (Internet das Cousas)
  • Blockchain
  • Big Data
  • Ciberseguridade

Pin It on Pinterest

Share This