A asociación Galpon pon en marcha unha iniciativa para resolver todas esa dúbidas que xorden nos inicios da andaina con GNU/Linux. Estas son algunhas das preguntas que dende Galpon destacan como posibles a resolver:

  • Queres instalar un «linux» no teu equipo e non sabes como facelo?
  • Tes un feixe de accesos a servizos e non sabes como administrar os contrasinais?
  • Non sabes como instalar e configurar o teu DNIe?
  • Gustaríache conectar un dispositivo Bluethooth e non sabes como?
  • Necesitas facer un traballo e non sabes que paquete usar e como instalalo?

Polo que convidan a toda persoa interesada no mundo de GNU/Linux a achegarse os segundos martes de cada mes a partir das 19:00 no local da Industriosa en Vigo.
Neste evento recorrente no tempo animan a que os asistentes acudan cos seus propios equipos para resolver aquelas dúbidas que teñan sobre sistemas GNU/Linux e software libre.

Para máis información compre visitar a páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This