Publicado un novo artigo sobre a industrialización con Hardware Libre

Xoves, 28 Febreiro 2019

Hoxe publicamos un artigo sobre a industrialización de produtos con Hardware Libre mediante o cal se realiza unha descrición do movemento do hardware libre así como a presentación breve de diversos casos de éxito de tecnoloxías libres de hardware como poden ser Arduino, o proxecto de impresoras 3D RepRap ou o proxecto galego de robótica educativa Escornabot.

Anexado a este artigo tamén se publicaron entrevistas a dúas empresas, Strelia Electrotécnia e Hércules Control. A última trátase dunha empresa cliente da primeira e que mediante a súa testemuña queda demostrado o éxito as solucións baseadas en hardware libre desenvolvidas por Strelia. Por outra banda, Strelia, coa colaboración de AGASOL realizará unha sesión demostradora o día 8 de marzo, baixo a organización do CDTIC, sobre a súa experiencia en procesos de industrialización con Hardware Libre da que xa realizaron con anterioridade outra edición.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal