Xornada sobre tecnoloxía SDR (Radio Definida por Software)

Mércores, 6 Marzo 2019

O sábado 23 de marzo, en horario de 11.00 a 17.30, a Asociación Melisa e Bricolabs organizan a “Xornada sobre tecnoloxía SDR” no museo Domus da Coruña en colaboración co grupo SDR Galicia e o propio museo.

A xornada empezará cunha introdución teórica á tecnoloxía SDR (Radio Definida por Software) e continuará ao longo do día cunha serie de prácticas guiadas nas que se usarán placas Lime SDR Mini e outras similares, en conxunto co software GNU Radio para facer tanto emisións e recepcións de sinais FM, UMTS, LoRa e outras. Estes dispositivos hardware e GNU Radio son tecnoloxías libres e abertas.

As 10 prazas para a xornada xa foron cubertas, pero inda queda algunha para poder asistir á xornada en calidade de observador (sen opción a ter placa emisora/receptora proporcionada polos organizadores/colaboradores para facer as prácticas guiadas).

Os asistentes poden traer tamén as súas propias placas emisoras/receptoras. Recoméndase tamén asistir cun portátil cunha distribución GNU/Linux instalada.

Máis información sobre os contidos da xornada na web de SDR Galicia.

Inscrición e outro tipo de información a través do correo: info@melisa.gal

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal