|
Existen moitos casos de éxito de Jitsi, un deles é o da Universidade de Estrasburgo que emprega e recomenda o uso de Jitsi como aplicación de videoconferencias e para chamadas telefónicas.
No 2011 a universidade puxo en marcha un proxecto para desenvolver unha alternativa a Skype para o uso por parte de toda a comunidade universitaria empregando tecnoloxía estándar e libre sendo un dos participantes dese proxecto o propio creador de Jitsi. A solución implementada pola universidade vai máis alo do mero instalación dunha instancia de Jitsi Videobridge, integrárono co servizo de telefonía interno da universidade e mediante o cal están a ofrecer un servizo de mensaxería instantánea, pantalla compartida, conferencia de vídeo e son a todo o estudantado, profesorado, investigadores e persoal administrativo.
|
|
Jitsi é un proxecto de software libre que permite despregar unha solución de videoconferencia, VoIP e mensaxería instantánea co foco posto na seguridade e privacidade das comunicacións. Trátase dunha ferramenta multiplataforma e licenciada baixo Apache 2.0, comezouse a desenvolver como proxecto estudantil de Emil Ivos na Universidade de Estrasburgo no 2003 e era coñecido como SIP Communicator.
A solución completa está composta por Jitsi Videobridge e Jitsi Meet. O Jitsi Meet é a parte cliente (aplicación web ou aplicación móbil para Android ou iOS), mentres que o Videobridge é un servidor XMPP con soporte para comunicacións por vídeo e son compatibles con WebRTC.
|