A Axencia de Protección do Medio Ambiente de Irlanda (EPA) gañou o premio Irlanda eGovernment API & Open source Award polo seu uso extensivo do código aberto nos seus servizos de información xeográfica en liña (GIS).

Os mapas da EPA combinan GeoServer, OpenLayers e outras solucións GIS de código aberto para ofrecer acceso en liña a datos ambientais. Utilizando o mapa en liña da axencia, os visitantes do sitio poden seleccionar facilmente os conxuntos de datos que lles interesan.

mapa-epa
En 2016, a EPA decidiu aproveitar un cambio ao código aberto para unificar as súas 25 aplicacións de cartografado, que se construíron sobre unha variedade de tecnoloxías e cada unha tiña características personalizadas.

“Agora temos unha aplicación basee, de código aberto, que pode configurarse facilmente para que se adapte ás necesidades específicas de cada aplicación individual”, explicou o portavoz.

Isto permitirá á EPA migrar as 25 aplicacións á nova plataforma:

“A énfase está na reutilización de todas as nosas ferramentas e funcións analíticas. Isto racionalizará a base de código e reducirá os gastos de mantemento”.

Este enfoque tamén axuda á EPA a garantir que o seu catálogo de datos cumpre cos principios tecnolóxicos de INSPIRE, unha infraestrutura de datos espaciais da Unión Europea. Por último, coa revisión, a EPA tamén pode compartir o seu catálogo de datos como datos abertos.

Máis información na web do Open Source Observatory (OSOR)

Pin It on Pinterest

Share This