O próximo 23 de decembro, en horario de 11.00 a 13.00 horas, impartirase un curso gratuíto de “Iniciación á programación con Scratch” dirixido a nenos e nenas de 9 a 12 anos, na Aula de Informática do Milladoiro.

No curso os nenos aprenderán a elaborar tarxetas de Nadal con Scratch.

Scratch

Scratch é unha linguaxe de programación visual desenvolto polo Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab.
A sua principal característica consiste en que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código.

As súas características ligadas ao fácil entendemento do pensamento computacional fixeron que sexa moi difundido na educación de nenos, adolescentes e adultos.

scratch-logo

As habilidades adquiridas mediante Scratch, pódense aplicar a outras linguaxes básicas de programación como Python e Java.

Unha maneira de empezar a usar o programa en clase, é aprender baseándose en retos con xogos e pequenos proxectos, onde os nenos poidan desenvolver a súa creatividade. A través de titoriais do MIT, pódese aprender desde cero a programar con Scratch, utilizando a guía de iniciación creada polo mesmo Instituto.

Inscrición

Iniciación á programación con Scratch. Tarxetas de Nadal.

O prazo de inscrición para este obradoiros gratuíto está aberto ata que se cubran todas as prazas (10 en total). Cómpre destacar que terán preferencia as persoas que non teñan participado anteriormente nestes mesmos obradoiros.

Para inscribirse é preciso estar empadroado no Concello de Ames e para que se formen os grupos é preciso un mínimo de sete persoas inscritas.

Podes descargar o impreso de inscrición nesta ligazón.

As inscrición poderanse facer en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00h a 20:00 horas, e os venres de 9:30h a 13:30 horas; ou a través dun correo ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, no que deberá enviarse cuberta e asinada a solicitude de inscrición no curso que se desexe.

Calquera persoa que desexe máis información pode obtela directamente na Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro, enviando un correo ao anterior enderezo ou chamando ao teléfono 981 535 940.

Pin It on Pinterest

Share This