O xoves 19 de decembro de 18:30 a 20:00, terá lugar na aula 3.3 da Facultade de Informática de A Coruña, a charla “Ok Google!, que opinas de pagar para que unha multinacional che espíe?” dentro das actividades de GPUL School.

Ok Google!, que opinas de pagar para que unha multinacional che espíe?

Big brother is watching you
Nesta charla, a xente de GPUL explicará os perigos aos que nos enfrontamos coa chegada da economía da vixilancia, aprenderemos os métodos que utilizan as grandes empresas para obter  gigas e gigas de datos da nosa vida persoal cos que alimentar os seus modelos de negocio e acabaremos vendo que se está facendo para loitar contra isto e que podemos facer nós para conseguir preservar a nosa privacidade.

GPUL

logo GPUL
GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria que busca difundir o Software Libre e a Cultura libre en Xeral.

GPUL School é unha iniciativa que pretende achegar a membros da comunidade universitaria, ou a calquera interesado da sociedade, ás tecnoloxías libres sen necesidade de coñecementos previos.

Logo_GPUL School

Inscrición á charla

A charla é de libre acceso e gratuíta pero é necesaria a inscrición previa a través da páxina do meetup do evento.

Pin It on Pinterest

Share This