O xoves 19 de decembro, en horario de 19.00 a 20.30, GPUL organiza a charla “Why the world choose Go” no Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17, 15010 – A Coruña).
Go
A charla será unha introdución ao linguaxe open source de programación Go, desenvolto e soportado por Google e a comunidade.
Revisaranse os seus aspectos técnicos fundamentais e os cambios nos ciclos de desenvolvemento que adopta esta linguaxe e como estes poden beneficiar a unha empresa no seu día a día.
Tamén se verá algún exemplo de código co fin de rabuñar un pouco a superficie da súa potente librería estándar.
Organiza
GPUL, asociación que promove e fomenta o Software Libre na Coruña desde 1998.
Nesta asociación aprenderás e participarás en proxectos de software libre coas máis modernas tecnoloxías.
Inscrición
A actividade é libre e gratuíta pero cun número máximo de asistentes. Podes anotarte a través desta web.
Máis información na web do meetup do evento.