Shotcut, unha boa solución para a edición de vídeo

Luns, 16 Decembro 2019

Continuando coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para vídeo”, falamos de Shotcut, solución libre para a edición e montaxe de vídeo.

Shotcut é un proxecto recente pero que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grandes, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais.

Shotcut

monitores. shotcut
Shotcut é unha software de edición de vídeo multiplataforma gratuíta e de código aberto para  FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows. É compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a través de FFmpeg.

Shotcut é unha ferramenta flexible que aumentará a nosa creatividade e reducirá o tempo de produción dos nosos proxectos de vídeo, podendo facelo dunha forma cómoda e rápida, e que se adapta perfectamente a fluxos de traballo noveis ou máis avanzados que podemos complementar con outras ferramentas libres para traballo con arquivos multimedia como ffmpeg, HandBrake ou audacity.

Coñecer estas ferramentas libres é útil en diversos sectores e áreas nos que se poidan ter que realizar tarefas multimedia.

Utilizar software libre nestes casos, pode axudar a aforrar moitos custos debido a que a maior parte de ferramentas multimedia privativas teñen un prezo elevado, ademais tamén permite ter unha maior independencia tecnolóxica.

Podes ler o artigo onde falamos de Shotcut en profundidade nesta ligazón.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal