Seguindo coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para vídeo”, hoxe falamos de Shotcut, solución libre para editar e montar vídeo dixital.

Shotcut é un proxecto recente pero que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grandes, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais.

Shotcut

monitores. shotcut

Características

Shotcut é unha software de edición de vídeo multiplataforma gratuíta e de código aberto para  FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows.

Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a través de FFmpeg. Utiliza unha liña de tempo para a edición de vídeo non lineal de varias pistas que pode estar composta de varios formatos de arquivo.

Características destacadas:
– Posúe aceleración por hardware
– Conta cunha serie grande de filtros de son:
Balance, graves e agudos, paso de banda, compresor, delay, downmix, expansor, ganancia, paso alto, limitador, paso baixo, normalización, panorama, reverberación, intercambio de canles…

Onda de son. Vúmetro
– E tamén cunha serie grande de filtros de vídeo:
Canle Alfa, Visualización de Espectro de Son, Visualización de Forma de Onda de Son, Modo de Mestura,  Desenfoques, Clave de Croma, Chroma Key, Recorte, Corrección da lente, Niveis, LUT 3D, Máscaras, Ruído, Reducir Ruído, Saturación, Tono  Sepia, Enfocar, Tamaño e Posición, Texto, Onda, Balance de brancos…

shotcut. monitor
Admite formatos de imaxe populares como BMP, GIF, JPEG, PNG, SVG, TGA, TIFF, así como secuencias de imaxes.
– Pode facer capturas de webcam e son
Soporte para resolucións 4K

ffmpeg. 4k.portátil
Modos de composición/mestura de pistas:
Ningún, Sobre, Engadir, Saturar, Multiplicar, Pantalla, Superpoñer, Escurecer, Esquivar, Queimar, Luz dura, Luz suave, Diferenza, Exclusión, Tono HSL, Saturación HSL, Cor HSL, Luminosidade HSL.
– Reprodución de fluxo de rede
Pode exportar un só cadro como imaxe ou vídeo como secuencia de imaxes

Historia

Shotcut foi creado no 2004 por Charlie Yates, cofundador de MLT e desenvolvedor orixinal. Como Dan Dennedy, outro cofundador de MLT, quería crear un novo editor baseado en MLT, simplemente elixiu reutilizar o nome xa que lle gustaba moito.

Shotcut-logo
O actual Shotcut tivo a súa orixe no proxecto MLT BuildOnMe no ano 2011. Eventualmente, Dan buscou substituír o cliente Melted GTK+ e necesitaba unha aplicación na cal probar facilmente a compatibilidade multiplataforma. Iso levoulle a bifurcarse en BuildOnMe e a comezar Shotcut.

Materiais educativos

Shotcut conta cunha canle oficial de YouTube onde poderás atopar unha gran cantidade de videotitoriais.

canle youtube de shotcut
Ademais, no apartado de tutoriais da web oficial, existe gran cantidade de recursos para seguir aprendendo. E no foro oficial, poderás atopar solución as dúbidas máis comúns.

Interface do usuario

interface usuario shotcut
A interface está traducida a:
Galego, Catalán, Español, Chinés, Checo, Danés, Holandés, Inglés, Estoniano, Finlandés, Francés, Gaélico, Alemán, Grego, Húngaro, Italiano, Xaponés, Coreano, Nepalí, Noruego, Occitano, Polaco, Portugués, Ruso, Eslovaco, Esloveno, Sueco, Tailandés, Turco.

Permite traballar en múltiples monitores ao mesmo tempo, facilitando o fluxo de traballo e podendo organizar as ferramentas e visualizacións da edición da forma que mellor se adapte a nós.

Monitores. Shotcut
Este artigo é soamente unha pequena mostra dalgunhas das funcións que ten Shotcut. Se navegamos polos seus menús, atoparemos unha gran cantidade de posibilidades á hora de traballar cos vídeos neste potente editor.

En resumo, Shotcut é unha ferramenta flexible que aumentará a nosa creatividade e reducirá o tempo de produción dos nosos proxectos de vídeo, podendo facelo dunha forma cómoda e rápida, e que se adapta perfectamente a fluxos de traballo noveis ou máis avanzados que podemos complementar con outras ferramentas libres para traballo con arquivos multimedia como ffmpeg, HandBrake ou audacity.

Pin It on Pinterest

Share This

Axúdasnos a mellorar?

Queremos saber que opinas deste espazo para facer do portal un lugar máis accesible. Só che levará 2 minutos completar a enquisa e para nós será de gran utilidade. Moitas grazas!

Tal vez mañá Ir á enquisa×