KiCad, software de automatización de deseños electrónicos uniuse á Linux Foundation.

Ao formar parte da Linux Foundation, KiCad asegura por unha parte a viabilidade do proxecto ao longo do tempo e amplía a súa comunidade de desenvolvedores e potenciais usuarios, ademais de proporcionar vías adicionais para doazóns ao proxecto.

Michael Dolan, vicepresidente de programas estratéxicos da Fundación Linux comentou:

“É un software gratuíto e profesional que brinda aos enxeñeiros a liberdade de usalo en calquera lugar e en calquera plataforma, sen vinculalos a arquitecturas de hardware específicas. O seu progreso na creación dunha contorna integrada para a captura esquemática e o deseño de placas de circuíto impreso foi considerable, e a infraestrutura e o modelo de goberno da Fundación Linux proporcionaranlle o soporte necesario para apoiar este crecemento a longo prazo“.

KiCad

Software gratuíto, multiplataforma, traducido a varios idiomas e de código aberto (licenciado baixo GNU GPL v3) que facilita o deseño de esquemas para circuítos electrónicos e a súa conversión a deseños de circuítos impresos.

KiCad utiliza unha contorna integrada para todas as etapas do proceso de deseño: captura esquemática, deseño de PCB, xeración/visualización de arquivos Gerber e edición de librerías de compoñentes.

Atópanse dispoñibles moitas bibliotecas de compoñentes e os usuarios poden agregar compoñentes personalizados. Os arquivos de configuración están en texto plano, ben documentado, o que axuda a interconectar os sistemas de control de versións, así como aos scripts de xeración de compoñentes automatizados.

Este software inclúe un visor 3D que se pode usar para inspeccionar o deseño do usuario nun lenzo interactivo. Pódese virar e desprazarse para poder inspeccionar os detalles que son difíciles de localizar nunha vista 2D.

Historia

KiCad foi desenvolto orixinalmente por Jean-Pierre Charras e lanzouse en 1992. Desde entón, KiCad gañou unha gran cantidade de colaboradores e doazóns (privadas e corporativas).

En 2013 unha sección do CERN comezou a achegar recursos a KiCad para axudar e fomentar o desenvolvemento de hardware aberto e axudar a mellorar KiCad.

KiCad adoptou un esquema de versións estables en decembro de 2015 comezando con KiCad 4.0.0. O CERN contribuíu aínda máis ao desenvolvemento de KiCad, mediante a contratación de desenvolvedores a través de doazóns.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This