O Concurso Universitario de Software Libre é un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre no que poden participar estudantes universitarios (de grao, máster e doutoramento), estudantes de ciclos de grao medio e superior, así como estudantes de bacharelato; todos eles incluídos no sistema educativo estatal español.

Os participantes dispoñerán dun blogue para relatar as súas experiencias, ademais de empregar un repositorio (como GitHub, GitLab ou LaunchPad) para aloxar o código fonte.

Nos últimos anos, participaron proxectos moi interesantes como: Implementación de multiprocesador en GNU/Hurd, Flameshot (ferramenta de capturas de pantalla) e colaboracións con software libre de renome como Tor ou mlpack.

Concurso Universitario de Software Libre

Obxetivos do concurso

Este concurso busca fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade do Software Libre na Universidade.

Finalistas do Concurso en 2019
Imaxe: Fase final do XIII Concurso Universitario de Software Libre en maio de 2019, Córdoba.

Premios locais

Todas as universidades e institucións vinculadas ao mundo do software libre están convidadas a formar parte da comunidade do Concurso Universitario de Software Libre.

Dispoñen da posibilidade de premiar aos mellores proxectos participantes do seu ámbito, así como de realizar unha fase final local mediante a modalidade de Premio Local.

Contacto

Se estás interesado no concurso, podes contactar coa organización en:
contacto-concurso-softwarelibre ARROBA us PUNTO es.

Universidades organizadoras

Universidad de Sevilla (SOLFA)
Universidad de Huelva

Portada do blogue victorchk in the free world
Se queres ampliar información, fixeron unha entrevista moi completa a Antonio Torres (un dos organizadores do CUSL) no blogue “Victorhck in the free world”.

Pin It on Pinterest

Share This