Novas

  • Ubuntu manterá paquetes de 32 bits [Ler máis...]
  • O CERN aposta polo código aberto [Ler máis...]
  • Novas liberacións de datos polas administracións [Ler máis...]
  • #07-Mancomún Podcast, Entrevistas a organizadores da Akademy-es 2019 [Ler máis...]
  • Diversos gobernos están tomando en consideración cambiarse a GNU/Linux [Ler máis...]
  • #06-Mancomún Podcast, Opcións para a compra de equipos con GNU/Linux preinstalado [Ler máis...]
  • Publicado o programa da Akademy-es de Vigo [Ler máis...]
  • #05-Mancomún Podcast, Xornadas Odoo en Santiago de Compostela [Ler máis...]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Caso de éxito de FreePBX e Asterisk FreePBX e Asterisk

Casos de éxito con Asterisk e FreePBX

FreePBX e Asterisk

Existen unha infinidade de casos de éxito de Asterisk en diversos sectores, a maior parte deles son empregando solucións baseadas en Asterisk, como poden ser FreePBX. Este é o caso que nos ocupa neste boletín.

Nun departamento dun estado na India adoptaron unha solución implementada pola empresa VIS Networks, o cal integra unha solución de telefonía despregada en infraestrutura propia da administración e tendo que cumprir unha serie de requisitos como que o sistema fose robusto, fiable e seguro e que puidera garantir a dispoñibilidade do seu centro de telefonía, ademais de que este debía contar con un calidade de son adecuada con cancelación de eco e sen ser fose unha solución demasiado cara.

O resultado final da implementación desta solución foi a de contar con un centro de telefonía fiable, con garantía e de mantemento sinxelo.

FreePBX é unha interface gráfica web modular e de software libre para xestionar unha central privada de telefonía que use o software libre Asterisk. Alén da interface gráfica, tamén existe unha distribución homónima, a cal está baseada en CentOS e ten preinstaladas certas ferramentas útiles para o caso da telefonía, como o FreePBX e Asterisk.

Mediante esta ferramenta pódese instalar e configurar unha central privada de telefonía, tamén coñecidas como PBX do inglés "Private Branch Exchange" dun xeito sinxelo e mediante un navegador.

O proxecto FreePBX está xestionando pola empresa Sangoma, fabricante de teléfonos IP, servidores PBX... esta ofrece ademais unha versión de pago de FreePBX que conta con soporte técnico, formación e con engadidos comerciais.

Segue a

Fred Posner (@fredposner)
Entusiasta do software libre e consultor VoIP especialista en plataformas libres como Asterisk, OpenSER e FreeSWITCH.

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600