O sábado 13 de xullo, terá lugar un obradoiro gratuíto de programación para mulleres na Universidade de Vigo.


Django Girls é unha asociación global sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é achegar a todas as mulleres ao mundo da programación. Tras pasar por numerosas cidades de todo o mundo, chega a Vigo o taller de programación en Django orientado á creación de páxinas web.


A finalidade da xornada é dotar das capacidades necesarias para realizar un blogue e publicalo na rede. Para iso contarase no obradoiro coa colaboración de profesionais do sector que farán de mentores durante toda a xornada.

Horario

08:30-09:00 Rexistro
09:00-09:30 Benvida, recepción e presentación
09:30-11:30 Comezo do obradoiro
11:30-12:00 Descanso para o café
12:00-14:00 Continua co taller
14:00-15:00 Comida
15:00-18:00 Último tramo do obradoiro
18:00-18:30 Fin do taller e presentación dos proxectos
18:30  Networking

Requisitos necesarios

Non son necesarios coñecementos previos sobre webs ou programación. Está dirixido tanto a aquelas mulleres que empezan no mundo da programación como para aquelas que xa teñen coñecementos sobre HTML e CSS.
A organización conta tamén con persoal con coñecementos en inglés e portugués, polo que o idioma tampouco será un impedimento.
É necesario levar un portátil para facer as prácticas do curso, e tamén é recomendable ter instalado Django antes do obradoiro.
Durante a xornada ofrecerase tanto bebida como comida ás participantes.


Django Girls busca fomentar e promover a participación da muller na programación, pero son inclusivas, así que todos e todas son benvidos.
Poden participar persoas de calquera idade. No caso de menores, os seus pais/titor legal deben enviar un correo electrónico a (vigo@djangogirls.org) autorizando a inscrición. Os menores de 10 anos, deben ir acompañados dun dos pais ou titores legais.

Inscrición

O obradoiro é gratuíto, aínda que hai prazas limitadas. Podes apuntarte a través deste formulario.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This