MAlt (Microsoft Alternatives), é un proxecto que están levando a cabo no CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear), para substituír produtos privativos (de Microsoft e outros) en favor de alternativas de código aberto.

Recuperar o control usando código aberto

Este proxecto xurdiu porque Microsoft retirou o apoio a unha institución académica do CERN, na cal unha vez finalizado o contrato actual o CERN tería que pagar o custo total das licenzas. O cálculo mostrou que o custo aumentaría en máis de 10 veces o valor actual.
A migración de produtos de Microsoft a alternativas de código aberto será un proceso que levará varios anos, converténdose o CERN nun modelo a seguir, xa que moitas outras institucións agora enfrontanse ao mesmo dilema.

Obxetivos do proxecto MAlt

Os principios de compromiso do proxecto son os seguintes:
– Prestar o mesmo servizo a todas as categorías de persoal do CERN
– Evitar a vinculación e dependencia cos provedores, para reducir o risco e a dependencia
– Manter o control sobre os datos
– Abordar os casos de uso estándar

O cambio comezará este ano con varios proxectos piloto. Inicialmente, probarase e introducirán un servizo de correo diferente a Outlook durante o verán.
Tamén se buscará unha alternativa a “ Skype for Business” por unha solución de VoIP aberta.
Os empregados do CERN xa poden ver o proxecto MAlt e informaráselles nunha reunión o 10 de setembro.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This