A Akademy-es, encontro anual de desenvolvedores, colaboradores e usuarios de KDE en España, lévase celebrando desde o ano 2006 en distintas cidades do territorio español.
Desde Mancomún Podcast acercámonos nesta ocasión cos micros ata Vigo, para entrevistar a Adrián Chaves e Miguel Anxo Bouzada, dous dos organizadores da Akademy-es 2019 que se celebrará desde o 28 ata o 30 de xuño en Vigo.

Entrevistas a organizadores da Akademy-es 2019
Formato ogg
Formato mp3
Tamén o podes escoitar e descargar desde o noso repostiorio en archive.org.

Aproveitamos tamén a ocasión para coñecer máis sobre a Comunidade KDE, sobre Galpón (grupo de amigos de linux de Pontevedra) e sobre o mundo da tradución de software libre ao galego.

00:16 – Presentación
01:13 – Adrián Chaves
08:20 – Miguel Anxo Bouzada
23:23 – Despedida

Tedes máis información na nova publicado recentemente no portal de Mancomún.

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Raining Rome” de Anitek, CC BY-NC-SA
– Canción “This” do grupo Tyrad, CC BY-SA
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This