Entrevistas durante as Xornadas Odoo.

05 – Xornadas Odoo en Santiago de Compostela

Tamén o podes escoitar e descargar desde o noso repostiorio en archive.org.

Formato ogg
Formato mp3
 
O 30 e 31 de maio, tiveron lugar as Xornadas de Odoo en Santiago de Compostela, e desde Mancomún acercámonos a falar cos organizadores e relatores.
00:32 – Falamos con Pedro Manuel Baeza (da empresa Tecnatiba) e con Darío Lodeiros (un dos organizadores do evento).
07:53 – Continuamos as entrevistas con Santi Argüeso, un dos consultores de Comunitea (empresa organizadora do evento)
10:40 – Rematamos entrevistando a Ana Juaristi de Avanzós S.L.
15:46 – Despedida
A música usada neste programa foi:
– Canción “This” do grupo Tyrad, CC BY-SA
Máis información sobre as xornadas no artigo de mancomún.
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Pin It on Pinterest

Share This