As próximas XII Xornadas Odoo, (organizadas pola Asociación Española de Odoo, Comunitea e Amtega), terán lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o 30 e 31 de maio.
Nesta edición, a organización busca:

“consagrar o evento como a cita de referencia para empresas, organismos e proxectos interesados en formar parte do tecido produtivo de coñecemento aberto de xestión máis activo do escenario internacional: a comunidade de Odoo.”

Previamente a este evento, a Odoo Community Association organiza o Code Sprint orientado a consultores e técnicos do mundo de Odoo, os días 27, 28 e 29 de maio en Sada.

xornadas-odoo

Funcionalidades destacadas de Odoo

– Capacidade de engadir clientes á nosa lista, produtos ao noso catálogo e mesmo xerar asentos contables
– Realización de cálculos automáticos de prezos e custos de venda
– Xerar orzamentos que se poden converter en pedidos, albarás e facturas
– Completamente accesible dende calquera dispositivo que teña un navegador web
– Amplo catálogo de plugins e unha activa comunidade de colaboradores

Autoría imaxe: De Veer18virus – Trabajo propio, CC BY-SA 4.0

Odoo adáptase a calquera tipo de empresa, de calquera tamaño ou sector que estea interesada en xestionar a facturación ou a contabilidade desde un ERP, mellorar o tratamento dos datos xerados ao longo da súa actividade loxística e empresarial para mellorar a xestión diaria e toma de decisións.
Odoo está dispoñibles no CDTIC Virtual para poder ser probado. O CDTIC Virtual, posto en marcha polo Centro Demostrador TIC, constitúe un servizo no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións de software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou de persoal con coñecementos avanzados de sistemas.
As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como empresas e profesionais na web do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou as aplicacións que sexan do seu interese.

Programa

30/05/2019
9:00 Recepción
9:30 Presentación
10:00 Odoo Bélxica: presentación oficial
10:40 Xestión automatizada do abastecemento
11:30 Coffe break
12:00 Business intelligence con Odoo: seguimento de orzamentos con MIS Builder
12:40 Rexistro de xornada de traballo en Odoo
13:10 Coloquio “A implantación tecnolóxica na empresa”
14:00 Comida
16:00 Como un cliente final pode aproveitar o poder da Odoo Community Association (OCA)
16:40 Asociación Española de Odoo: proposta pública para o 2020
17:30 Asemblea de asociadas/os

31/05/2019
9:00 Recepción
9:30 Nucleus. Framework para desenvolvemento Android – Odoo
10:00 Utilidades para potenciar ODOO aprendidas doutros ERP
10:30 Tarifas, campañas e promocións en Odoo
11:10 Website_slides – Presentacións en Odoo 12
11:30 Coffe break
12:00 Organízaste … con Odoo?
12:30 Xestión dunha empresa de consultoría e servizos con OdooV12
13:10 Novidades AEAT 2019
14:00 Comida
16:00 Punto de venda de Odoo (PoS): correccións, melloras, problemas coñecidos e novidades en v13
16:30 Fluxos de aprobación con validacións de nivel
17:00 Integración de Odoo con centrais VOIP
17:40 Clausura

Inscrición nas xornadas

É necesario facer a inscrición previa a través desta web.

Máis información nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This