Novas

Unha das novidade no mundo do software libre é que GNOME presenta a súa nova versión, GNOME 3.28, estando esta traducida ao galego ao 100%.

O CDTIC acollerá o vindeiro día mércores 4 de Abril de 9:30 a 14:00 horas unha interesante xornada sobre Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos.

No portal de Mancomún xa comentamos con anterioridade que GPUL comeza a preparar os GPUL Labs dos que tiveron lugar varios eventos desta serie, como o "EMAPIC en el contexto de las SPATIAL HUMANITIES & pGIS" e o obradoiro de testing en JavaScript usando Jest

A iniciativa Coruña Hacks comezou a andada o sábado 3 de marzo, e terán lugar hackatons os primeiros sábados de cada mes, podendo participar nestes calquera persoa, colectivo ou empresa interesando en realizar proxectos libres en beneficio da sociedade.

Outra das novidades que anunciamos en Mancomún foi que GitHub libera Licensed, a ferramenta que nos pode axudar a escoller a licenza dun proxecto libre tendo en conta as licenzas que teñen as súas dependencias.

Dentro da iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra impartiranse dous obradoiros sobre ferramentas libres: Un co nome Prestashop II: Xestión dunha tenda online, en Vigo, no que continuarán o primeiro obradoiro sobre Prestashop. Estes obradoiros están enfocados a crear tendas online para Pemes empregando esta ferramenta de software libre sobre a que publicamos previamente un artigo en Mancomún: PrestaShop: Solución para a creación dunha tenda en liña con Software Libre. O outro obradoiro de SmartPeme é A túa páxina web con Wordpress, en Lalín, no que explicarán de forma prática a crear unha páxina web enfocada á empresas pequenas e coa ferramenta WordPress, sobre a que tamén publicamos un artigo previamente: WordPress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre.

O programa Google Summer of Code arranca este ano con 212 organizacións que mentorizarán a estudantes que traballarán durante o verán en proxectos de software libre.


Proxecto destacado

Ceph logo Ceph é unha plataforma de almacenamento programable e distribuida que está liberada baixo a LGPL. Ten unha enorme capacidade de escalabilidade e aberta, deseñada para ser incluída na infraestrutura IT dunha organización e transformar así a súa capacidade para xestionar grandes volumes de datos, liberando as empresas das custosas solucións de almacenamento privativas e baseadas en hardware.

É válida para a infraestrutura e a configuración da nube, repositorios multimedia, sistemas de copias de seguridade e restauración e Data Lake. Ceph persegue operar de forma completamente distribuída, sen un único punto de erro e escalando a nivel de exabyte.

Pin It on Pinterest

Share This