O CDTIC acollerá o vindeiro día mércores 4 de Abril de 9:30 a 14:00 horas unha interesante xornada sobre Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos.

Esta xornada está deseñada por e para a comunidade de Ceph. No programa inclúense os diferentes perfís e roles do ecosistema de Ceph. O obxectivo é permitir ao público asistente achegarse á plataforma Ceph desde diferentes ángulos e perspectivas coa intención non só de dala a coñecer a nivel teórico senón tamén de achegar as necesidades para adoptala de forma práctica na organización. Así, falarase tanto do hardware necesario, pasando por arquitecturas de referencia, identificación de provedores locais/nacionais, resolución de dúbidas e mesmo presentarase un caso de uso real nunha empresa galega.

A xornada conta coa inestimable colaboración dunha serie de empresas do ecosistema Ceph, como son Red Hat, o principal contribuidor no proxecto Ceph da comunidade Open Source; SUPERMICRO, líder global en tecnoloxía de servidores de alto rendemento, eficiencia e innovación; Colabora Ingenieros canle en España de Cumulus Networks, líder no achegamento a organizacións de todos os tamaños de modernas infraestruturas abertas de rede de escala de web; Dinahosting, empresa de servizos de rexistro de dominios e aloxamento web de Santiago de Compostela e Igalia, empresa galega de consultoría especializada en software libre e contribuidora de Ceph.

En resume, estas charlas constitúen unha boa oportunidade para coñecer a plataforma Ceph, independentemente do grao de coñecemento que se teña da mesma ou o nivel de madurez tecnolóxica da propia organización que considere a súa adopción.

A xornada vai dirixida a analistas, arquitectos TIC, administradores de sistemas/almacenamento, CIO e, en xeral, ao sector TIC con necesidades de deseño, aprovisionamento software/hardware, implementación, despregue e desenvolvemento de servizos de almacenamento distribuído e escalable.

Que é Ceph?

Ceph é unha plataforma de almacenamento programable, cunha enorme capacidade de escalabilidade e aberta deseñada para ser incluída na infraestrutura IT dunha organización y transformar así a súa capacidade para xestionar grandes volumes de datos. É válida para a infraestrutura e configuración da nube, repositorios multimedia, sistemas de copias de seguridade e restauración e Data Lake. Ceph persegue operar de forma completamente distribuída, sen un único punto de erro e escalando a nivel de exabyte.

Permite ás empresas liberarse das custosas solucións de almacenamento privativas e baseadas en hardware.

Programa

  • 9:30 Benvida e recepción. Presentación CDTIC

  • 9:45 Ceph máis alá de ser o mellor almacenamento unificado para OpenStack. Novos casos de uso. Luis Rico. Red Hat – Senior Solution Architect – Storage Specialist EMEA. Luis fará unha breve introdución a Ceph como solución de Software-Defined Storage capaz de proporcionar almacenamento unificado a OpenStack. Continurá presentando novos casos de uso para Ceph como almacenamento de obxectos: elastic data lakes de Big Data, repositorios de imaxes e videos, repositorios de xestión documental, destino de backup e arquivado.

  • 10:25 Solucións Hardware SDS / Ceph. David Ramirez, SUPERMICRO. Field Application Engineer España y Portugal. David falará de novidades relevantes HW, servidores e tecnoloxías de almacenamento para este tipo de soluciones SDS como Ceph.

  • 11:05 Introdución a Cumulus e a súa relación con Ceph. Francisco Rodriguez Moure, Socio Fundador de Colabora Ingenieros S.L. Ofrecerá unha introdución ao Open Switching e a Cumulus Networks e a súa relación con Ceph como solucións para arquitecturas de switching.

  • 11:15 Open and Web-Scale Networking: Cumulus Networks the Right Choice. Raf Vervloessem, Sales Representative Southern EMEA at Cumulus Networks. Cumulus Linux is the most flexible network operating system available because it runs on Linux. Our customers access flexibility, efficiency, speed and choice with a unified stack and a feature set designed for the digital age. With Cumulus NetQ, we empower organizations with full network validation and reduced downtime, and Cumulus Host Pack extends network visibility into containers

  • 11:45 Coffe Break

  • 12:15 Xestión de backups con Ceph Object Storage. Camilo Echevarne Carneiro. Félix Barbeira Salvado. Dinahosting. Falarán de como están implementando Ceph para o almacenamento de backups de todas as máquinas dos seus clientes, actualmente unhas 2500. Contarán como con Ceph foron capaces de solucionar os problemas de escalado que teñen co sistema actual baseado en discos RAID para almacenar ao redor de 1PB de información. Revisarán a infraestrutura e as decisións que foron tomando ata chegar á configuración actual, así como os axustes de tuning do clúster. Contarán o tipo de máquinas que usan para isto, como automatizan o seu ciclo de vida: despregue, monitorización, actualizacións, etc. Así mesmo ofrecerán información sobre proxectos futuros que lles permitiría levar a cabo este tipo de tecnoloxía.

  • 12:55 Consultoría upstream en Ceph/RadosGW/S3. Javier Muñoz Mellid. Software developer en Igalia e contribuidor upstream de Ceph. Falará de como é posible axudar ás empresas a diferenciarse no mercado vía colaboracións upstream en Ceph. Como unha empresa pode desenvolver e comercializar produtos e servizos de cloud RadosGW/S3 contando a experiencia dun caso de éxito dun dos seus clientes.

  • 13:35 Debate e quenda de preguntas

  • 14:00 Fin da xornada

O pdf do programa completo pode descargarse da web do CDTIC.

A asistencia é gratuíta previa inscrición a través do portal do CDTIC, do Espazo Empresa e Profesionais.

Agardamos que o evento sexa un recurso útil para unha ampla audiencia e mesmo sexa quen de fortalecer a comunidade galega de Ceph.

Pin It on Pinterest

Share This