GNOME 3.28 está en galego

Luns, 19 Marzo 2018

O proxecto GNOME acaba de presentar a súa nova versión 3.28 completamente traducida ao galego polo equipo de tradución de GNOME ao galego que forma parte da asociación Trasno. Este equipo de tradutores tamén publicou os recursos lingüísticos derivados das tarefas de tradución de GNOME 3.28 para a súa posible reutilización por parte doutros tradutores, pois están licenciado coa licenza libre Creative Commons By-SA 3.0 (Recoñecemento-CompartirIgual).

A nova versión de GNOME, a 3.28, é o resultado do traballo de 6 meses por parte da comunidade de GNOME, con un total de 28459 cambios e 753 contribuidores. Que dan lugar a unha serie de funcionalidades ou característica novas e tamén melloras e arranxos de erros. Podes ver todas a novidades na nota da versión. Como destaque de novas características podemos contar con:

Escolla de favoritos: No navegador de ficheiros, agora poden marcarse como favoritos ficheiros e cartafoles, para aparecer así na barra lateral.

Melloras na organización persoal: Existen diversas melloras das
funcionalidades que hai no compendio de aplicacións de organización persoal como por exemplo: Os contactos poden ordenarse por apelido ou por nome. A vista de calendario mensual foi mellorada…

Varias melloras de aparencia como por exemplo o tipo de letra por defectos da interface que redunda nunha maior lexibilidade, aumento da colección de fondos de escritorio…

Multimedia e entretemento: Na aplicación de Fotos agora é máis doado agregar fotografías á nosa colección e tamén temos novas ferramentas de edición para sobras e realces.

Aplicación Uso: Con esta nova aplicación permítese visualizar o consumo de CPU, memoria e disco, incluso ten funcións para limpar o lixo e ficheiros temporais.

Esta nova versión de GNOME estará dispoñible nas distintas distribucións de GNU/Linux á medida que os desenvolvedores destas vaian incorporando esta novas versión nos repositorios destas. Anque se es desas persoas que non pode agardar, sempre podes descargar o código fonte da súa forxa e compilalo para poder desfrutar desta nova versión.

Tanto o equipo de tradución de GNOME ao galego coma o equipo de desenvolvemento seguen precisando axuda de voluntarios para traducir e desenvolver este entorno de escritorio, polo que se estás interesado en axudar, podes acceder á páxina para involucrarte tanto na tradución coma no desenvolvemento.

 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal