Estes últimos meses, estivemos publicando en Mancomún varias pílulas (pequenos videotitoriais de 2 minutos de duración), para amosar ferramentas libres de software libre ou código aberto que podemos usar para mellorar o noso teletraballo.
Neste artigo TIC reunimos por temáticas todas as pílulas publicadas sobre teletraballo para que poidades acceder a elas dunha maneira fácil.
Ferramentas para comunicación
– Jitsi, videoconferencias e axuda en remoto
– Matrix, estándar aberto para as comunicacións
– Nextcloud Talk, reunións online
– Mumble, comunicacións de alta calidade
Ferramentas para traballo colaborativo
– Etherpad, caderno de notas dixital e colaborativo
– Taiga, xestión de proxectos
– Framadate, planificación e toma de decisións
– Drawpile, deseño colaborativo
– Nextcloud, control e sincronización de arquivos
– BigBlueButton, aprendizaxe en liña
Outras ferramentas
– Bitwarden, xestor de contrasinais
– Guacamole, escritorios remotos
– Firefox Send, envío de arquivos de forma sinxela
– Calendar e Contacts, aplicacións para Nextcloud
Recopilación de todos os videotitoriais
Listado completo:
https://www.mancomun.gal/documento/pilulas-para-o-teletraballo/
Lista de reprodución das “Pílulas para o teletraballo” en YouTube.
Ferramentas para comunicación
Jitsi
Jitsi é unha aplicación coa que poderemos facer tanto videoconferencias, usala como solución Voz IP e como mensaxería instantánea, tanto a través do ordenador, con aplicacións para iOS e Android ou directamente a través dun navegador web.
Jitsi tamén a podemos usar como solución de axuda en remoto.
Nova completa con máis información e videotitorial sobre Jitsi como ferramenta para videoconferencias.
Nova completa con máis información e videotitorial sobre Jitsi como solución de axuda en remoto.
Matrix
Matrix utilízase principalmente para a mensaxería instantánea, pero tamén serve como solución de Voz IP e para videoconferencias.
Nova completa e videotitorial sobre Matrix.
Nextcloud Talk
Nextcloud Talk é unha ferramenta coa que poderemos comunicarnos, compartir pantallas, facer reunións online (tanto de vídeo coma de voz) e utilizar un chat.
Nextcloud Talk protexe as comunicación mellor que outras plataformas para colaboración de equipos, asegurándose de que os datos permanecen nos teus servidores.
Nova completa e videotitorial sobre Nextcloud Talk.
Mumble
Mumble é unha aplicación de chat de voz de baixa latencia e alta calidade, gratuíta e de código aberto.
Nas empresas pódese empregar como ferramenta de comunicación interna por parte dos empregados, podendo separar os diferentes departamentos, proxectos e reunións en tantas salas independentes como necesitemos, así coma ter tamén algunha sala global para comunicados xerais ou reunións de todo o persoal.
Nova completa e videotitorial sobre Mumble.
Ferramentas para traballo colaborativo
Etherpad
Etherpad é un editor de código aberto que se executa no teu navegador, polo que non necesitas instalar ningún outro aplicativo para usalo e proporciona edición colaborativa en tempo real para varios usuarios.
É tan sinxelo como crear un caderno de notas, compartir a ligazón cos nosos colaboradores e empeza a traballar todos no mesmo documento ao mesmo tempo.
Nova completa e videotitorial sobre Etherpad.
Taiga
Taiga é unha plataforma de xestión de proxectos, áxil, de código aberto, simple, intuitiva e pensada tanto para proxectos simples coma complexos.
Unha ferramenta para todos, non so para xente con coñecementos avanzados de informática.
Nova completa e videotitorial sobre Taiga.
Framadate
Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas.
Framadate baseouse inicialmente no software Studs desenvolvido pola Universidade de Estrasburgo. Hoxe en día, está desenvolvido pola asociación Framasoft.
Nova completa e videotitorial sobre Framadate.
Drawpile
Drawpile é un programa de debuxo colaborativo en rede, multiplataforma e de software libre que permite a múltiples usuarios crear deseños na mesma imaxe simultaneamente.
Soporta o formato de arquivo de imaxe OpenRaster e por tanto funciona ben con aplicacións como MyPaint, Krita e GIMP.
Nova completa e videotitorial sobre Drawpile.
Nextcloud
Nextcloud, solución de código aberto para a xestión dos arquivos nas empresas.
Con Nextcloud, a empresa dispón do seu propio servizo onde almacenar, controlar e sincronizar os seus ficheiros entre múltiples dispositivos e compartilos cos seus compañeiros de traballo, clientes… e todo baixo os seus propios criterios de privacidade e seguridade.
Nova completa e videotitorial sobre Nextcloud.
BigBlueButton
BigBlueButton é un sistema de conferencias web deseñado como unha solución de aprendizaxe en liña.
Con el teremos unha solución profesional para poder ensinar a estudantes a distancia.
Nova completa e videotitorial sobre BigBlueButton.
Outras ferramentas
Bitwarden
O uso seguro de aplicacións e servizos dixitais en liña, require que manexemos un gran número de contrasinais diferentes, cunha extensión longa, mesturando letras, números e símbolos.
Co uso dun xestor de contrasinais, poderemos resolver estes problemas de xestión de múltiples usuarios e contrasinais.
Nova completa e videotitorial sobre Bitwarden.
Guacamole
Para un traballo esixente ou continuado no tempo no traballo con escritorios remotos, existen solucións máis completas que nos permiten ter un mellor control, como é o caso de Apache Guacamole.
Nova completa e videotitorial sobre Guacamole.
Firefox Send
Nalgún momento do noso traballo no mundo dixital, vamos ter a necesidade de enviar arquivos que pasan do tamaño máximo permitido a través do correo electrónico.
Podemos facelo directamente co noso navegador libre favorito, Firefox, sen ter que usar solucións de terceiros.
Nova completa e videotitorial sobre Firefox Send.
Calendar e Contacts, aplicacións para Nextcloud
Como dotar a Nextcloud de máis funcionalidades grazas ás aplicacións que podemos instalar nel.
Calendar é unha interface coa que poder sincronizar facilmente os eventos en varios dispositivos con Nextcloud, podendo editalos en liña.
Contacts, con esta aplicación poderemos sincronizar facilmente os contactos entre varios dispositivos con Nextcloud, podendo tamén editalos en liña.
Nova completa e videotitorial sobre aplicacións de Nextcloud.