Pílula para o teletraballo: Comunicacións de alta calidade con Mumble

Xoves, 25 Xuño 2020

Mumble é unha aplicación de chat de voz de baixa latencia e alta calidade, gratuíta e de código aberto.

Mumble

Usado tanto como chat de voz, como para gravar podcast coa gravadora de son multicanle que ten incorporada, como por xogadores que buscan realismo grazas as súas características de son posicional nos xogos. Nas empresas pódese empregar como ferramenta de comunicación interna por parte dos empregados, podendo separar os diferentes departamentos, proxectos e reunións en tantas salas independentes como necesitemos, así coma ter tamén algunha sala global para comunicados xerais ou reunións de todo o persoal.

Se aloxamos Mumble no servidor propio da empresa, teremos o control das nosas comunicacións e non dependeremos dun terceiro. Aos administradores gústalles Mumble por ser capaz de aloxarse nos seus servidores e ter así o control sobre a seguridade e privacidade dos datos.

Características principais

– Lista de servidores públicos aos que poder conectarse, sen necesidade de instalar un servidor propio.
– Baixa latencia, ideal para falar e xogar.
– Comunicación cifrada.
– Autenticación de clave pública/privada por defecto.
– Son posicional.
– Asistentes para a configuración.
– Software libre.
– Amplo sistema de permisos de usuario (ACL).
– Software de servidor moi estable e baixo consumo de recursos no aloxamento en servidores.
– Usa o códec de son Opus.
– Incorpora a eliminación de eco, o que permite o uso de altofalantes así como de auriculares.

Esperamos que esta e outras pílulas, vos axuden no voso teletraballo.

Vídeos e novas relacionadas co teletraballo

Se che interesa ver outras noticias e recursos relacionados co teletraballo que temos no portal de Mancomún, podes pulsar sobre esta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal