Pílula para o teletraballo: Framadate, planificación e toma de decisións

Mércores, 15 Abril 2020

Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas.

Framadate baseouse inicialmente no software Studs desenvolvido pola Universidade de Estrasburgo. Hoxe en día, está desenvolvido pola asociación Framasoft.

Pílula sobre Framadate

 

Framasoft é sobre todo unha rede de proxectos pensados para promover as liberdades dixitais, ofrecendo un conxunto de ferramentas para facilitar a adopción do software libre, de creacións culturais libres e de servizos gratuítos.

Non é necesario rexistrarse para usar o servizo. Soamente necesitas un navegador para crear a consulta e para respondela. Necesita, iso si, que teñamos habilitado JavaScript e as cookies.

Framadate podemos descargalo desde o repositorio oficial e instalalo no noso propio servidor, desa forma teremos o control dos nosos datos.

Podedes probar esta ferramenta nas seguintes ligazóns:
https://framadate.org/
https://poll.disroot.org/
https://framadate.nomagic.uk/
https://www.softaculous.com/softaculous/demos/Framadate

Nota informativa: debido á alta demanda que están tendo este días os servizos gratuítos, poden estar caídos temporalmente.

Esperamos que esta e outras pílulas, vos axuden no voso teletraballo.

Vídeos e novas relacionadas co teletraballo

Se che interesa ver outras noticias e recursos relacionados co teletraballo que temos no portal de Mancomún, podes pulsar sobre esta ligazón.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal