Continuando co tema do traballo con arquivos en remoto, hoxe coñeceremos algunha das vantaxes que supón Nextcloud, unha solución de código aberto para a xestión dos arquivos nas empresas.

Con Nextcloud, a empresa dispón do seu propio servizo onde almacenar, controlar e sincronizar os seus ficheiros entre múltiples dispositivos e compartilos cos seus compañeiros de traballo, clientes… e todo baixo os seus propios criterios de privacidade e seguridade.

Control e sincronización de arquivos con Nextcloud

A empresa pode manter aloxados os datos no seu propio servidor e xestionados con Nextcloud, desta forma non se está a ceder o control dos ficheiros e os datos persoais a outras empresas.

A solución completa de Nextcloud para as empresas, chámase Nextcloud Hub e está composta por Nextcloud Files, Talk e Groupware, pero hoxe vamos centrarnos soamente na xestión dos arquivos, da que se encarga Nextcloud Files. Con Nextcloud Files, os empregados teñen fácil acceso aos arquivos, fotos e documentos de traballo e poden compartir e colaborar con membros do equipo, con clientes e socios.

Nextcloud conta cunha interface web moderna e fácil de usar, clientes de escritorio e aplicacións móbiles.

Esperamos que esta e outras pílulas, vos axuden no voso teletraballo.

Vídeos e novas relacionadas co teletraballo

Se che interesa ver outras noticias e recursos relacionados co teletraballo que temos no portal de Mancomún, podes pulsar sobre esta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This