Luns, 20 Maio 2019 |

#03-Mancomún Podcast, liberación de cursos no repositorio documental do portal

Episodio 03

Estes días liberáronse varios cursos no repositorio documental do portal de Mancomún, así que aproveitamos o podcast desta semana para falarvos sobre eles.

mancomun-podcast-logo

03-Mancomún Podcast, liberación de cursos no repositorio documental do portal

Tamén o podes escoitar e descargar desde o noso repostiorio en archive.org.

Formato ogg
03 – Liberación de cursos no repositorio de mancomún
Formato mp3
03 – Liberación de cursos no repositorio de mancomún
Necesitas aprender sobre a elaboración de documentos dixitais, crear deseños atractivos, ou maquetar contidos de forma profesional?
Ou tal vez, necesitas aprender a usar ferramentas libres para o cálculo numérico e a análise estatística?
Pois agora tes a oportunidade de facer todo isto a través dos cursos que estamos liberando no portal de mancomún:

01:41 – Curso de Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
02:01 – Creación de infografías e deseños vectoriais
02:20 – Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus
02:55 – Iniciación a GNU Octave
03:21 – Introdución á análise estatística con R Commander
04:03 – Descrición dos formatos abertos dispoñibles para descargar os cursos:

A música que usamos neste programa é de Jason Shaw de audionautix.com, está baixo licenza Creative Commons Atribución 3.0.
Máis información sobre os cursos no artigo de mancomún.

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal