Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais

Este curso busca dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios á hora de traballar e crear documentos ofimáticos enriquecidos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.
Centrarase, sobre todo, no procesador de textos Writer de LibreOffice e veranse estos temas:

  • Configuración do LibreOffice para que cada usuario adapte a suite ás súas preferencias e necesidades, co obxectivo de facilitar o traballo e ser máis produtivos.
  • Extensións do LibreOffice. Coas extensións pódese mellorar e ampliar as capacidades de LibreOffice.

O material está dispoñible nos seguintes formatos:

  • Pdf, facilita a visualización en multitude de dispositivos diferentes (ordenador, smartphone, tablet, libro electrónico).
  • Elp, formato para empregar a ferramenta de edición de contidos exeLearning o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.
  • HTML, facilita a visualización a través de calquera navegador.
  • SCORM, conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web de forma pedagóxica baixo un estándar libre que permite importar, reutilizar e compartir contidos.
    Este curso está tamén dispoñible para a súa visualización e seguimento, con acceso de conta de convidado, na Aula virtual da Oficina de Software Libre do CIXUG.

 

Licenza

Este material publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir igual 3.0.
Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material, sempre que se mencione a autoría da obra orixinal e se comparta coa mesma licenza.

Autoría

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia “Plan de acción 2018 en materia de Software Libre“, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Pin It on Pinterest

Share This

Axúdasnos a mellorar?

Queremos saber que opinas deste espazo para facer do portal un lugar máis accesible. Só che levará 2 minutos completar a enquisa e para nós será de gran utilidade. Moitas grazas!

Tal vez mañá Ir á enquisa×