Número 09 – Boletín Software Libre na Empresa – Febreiro 2018

Martes, 20 Febreiro 2018

Novas

No portal de Mancomún xa comentamos con anterioridade que GPUL comeza a preparar os GPUL Labs tendo lugar o primeiro evento desta serie titulado Guía de supervivencia para o desenvolvedor novato o xoves 22 de febreiro.

Dende Mancomún comezamos a publicar unha serie de artigos tecnolóxicos dedicados a Sistemas de Información Xeográfica.

A Amtega publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións JAVA.

Lánzase a segunda versión do portátil KDE Slimbook, portátil que destaca por ser ensamblado en Valencia e por ser compatible 100% con GNU/Linux.

Dentro da iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra impartiranse dous obradoiros sobre ferramentas libres:
Un co nome Comercio electrónico para micropymes que versará sobre Prestashop e WordPress e que ten lugar o xoves 22 de febreiro, dúas ferramentas das que previamente publicamos cadanseus artigos en mancomun: PrestaShop: Solución para a creación dunha tenda en liña con Software Libre e WordPress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre. O outro obradoiro está titulado Prestashop I: Comienza a crear tu propia tienda online e centrarase na ferramenta Prestashop, será o mércores 28 de febreiro, ambos se celebrarán en Vigo.

Proxecto destacado


Collabora Online é unha suite de ofimática baseada en LibreOffice Online, que se enfoca a dar unha ferramenta colaborativa ubicada na nube e con posibilidade de integración con outras ferramentas.
Collabora Online permite utilizar no navegador o editor de textos Write, a folla de cálculo Calc e o editor de presentacións Impress e traballar de forma colaborativa con estes.
Destaca sobre os seus rivais no mercado en temas coma a privacidade e no seu compromiso co software libre, pois a empresa Collabora é unha das que maiores aportes realizan a LibreOffice.

Collabora Online ofrece un servizo na nube para usar LibreOffice online estable, con soporte e dirixido a empresas. Pero tamén podes instalar na túa propia infraestrutura este software. Ademais de que tes outras versións como o Collabora Online Development Edition ou o LibreOffice Online, que che permiten estar máis á última das novidades pero perdendo en estabilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal