Lánzase a segunda versión do portátil KDE Slimbook

Xoves, 15 Febreiro 2018

Slimbook e a comunidade de KDE acaban de presentar o KDE Slimbook II, a segunda edición dun portátil ultrabook de 13 polgadas que é o froito do traballo en común de KDE e Slimbook.
Slimbook é unha empresa valenciana que se adica a emsamblar computadoras especialmente pensadas par ser usadas con GNU/Linux.

A importancia do modelo de portátil KDE Slimbook, que xa vai pola segunda versión, é que son probados por desenvolvedores da comunidade KDE e garanten un bo desempeño tanto co sistema operativo libre GNU/Linux coma co entorno de escritorio KDE Plasma, tanto é así que o podes mercar con KDE Neon instalado; KDE Neon é a distribución de referencia na comunidade KDE, que ten como base Ubuntu, pero conta con soporte da última versión do escritorio Plasma, podendo estar así á última no que se refire ás aplicacións KDE e a Plasma.

Outra característica a destacar deste modelo é que ao mercalo, tamén estás a colaborar economicamente co proxecto KDE, pois Slimbook doa a KDE unha porcentaxe do que cobra por este modelo de portátil.

No que respecta ás características hardware do equipo son as seguintes:

  • Intel Core con Turbo Boost i5 ou i7
  • 4, 8 ou 16 GB de RAM
  • Disco SSD con interface M.2
  • Bahía para disco duro adicional SSD ou mecánico
  • Teclado retroiluminado con distintas distribucións dispoñíbeis.
  • Touchpad grande e con capacidade de recoñecer xestos.
  • USB 3 A, USB 3 C, USB 2
  • Wifi Intel 7265N ou 8265AC
  • GPU Intel HD 620 integrada na CPU

Podedes ver todas as características na páxina do modelo.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal