Hoxe estreamos unha serie de artigos tecnolóxicos nos que nos centraremos en ferramentas de Información Xeográfica, tamén coñecidas como SIX, ou en inglés GIS (Geographic Information System).

Con anterioridade realizamos un artigo que se centraba na solución gvSIG, polo que comezamos esta serie de artigos con outra aplicación SIX de escritorio coa que continuaremos adentrándonos nas distintas solucións libres para dar a coñecer as a posibles solucións que se poden utilizar nas administracións, empresas e por parte de usuario domésticos para facer os seus traballos xeoespaciais.

No primeiro artigo falaremos sobre QGIS, unha solución de escritorio da que faremos un repaso do seu proxecto, das funcionalidades e tamén comentaremos un pouco sobre o futuro máis próximo do proxecto. Nas seguintes edicións desta serie continuaremos analizando outras ferramentas xeográficas.

Pin It on Pinterest

Share This