Novas

  • A Amtega convoca a XI edición do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre [Ler máis...]
  • LibreOffice 6 comeza a estar listo para o entorno empresarial e de producción [Ler máis...]
  • Suse anuncia a nova versión do seu sistema operativo empresarial [Ler máis...]
  • OSGeo e GeoForAll convocan o premio universitario GeoForAll Iberoamérica 2018 [Ler máis...]
  • Barcelona libera o código fonte de varios proxectos [Ler máis...]
  • O corrector ortográfico Hungspell conta cunha nova versión para o galego [Ler máis...]
  • Arranca a organización da OSHWDem 2018 coa apertura do Call4Makers [Ler máis...]

Caso de éxito

Proxecto destacado

Caso de éxito logo Seafile

Casos de éxito con Seafile

Proxecto Seafile

Existen bastantes casos de éxito de uso de Seafile tanto na empresa privada coma na administración pública, dado que o almacenamento e a compartición de documentos é unha necesidade e preocupación en diversos sectores. O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o das universidades do estado alemán Renania-Palatinado (en alemán Universitäten und Hochschulen von Rheinland-Pfalz) xestionado pola Universidade Gutenberg de Mainz e que ofrece o servizo de almacenamento de ficheiros ao estudantado e ao corpo docente.

Mediante este servizo, bríndase a cada estudante 20 GB e a os traballadores 100 GB mediante infraestrutura propia da universidade a un total de máis de cinco mil usuarios activos das polo menos 12 universidades.

Seafile é unha plataforma de sincronización e compartición de ficheiros na nube que conta con funcionalidades principais como o cifrado de ficheiros, integración con directorios como LDAP ou AD, control de acceso a ficheiros mediante permisos, versionado de ficheiros, edicións online mediante Collabora Online, xestión de usuarios, copia de seguridade e recuperación.

O desenvolvemento de Seafile comezou en 2009 da man de Daniel Pan e outros estudantes da Universidade Tsinghua de Beijing. Dende o 2012 existe a empresa Seafile Ltd. que é a encargada do desenvolvemento e do soporte da plataforma, que conta de dúas versións, a versión da comunidade liberada baixo a AGPLv3 que non ten soporte e a edición profesional que conta con soporte e que ten funcionalidades aínda máis avanzadas. Esta solución é unha posible alternativa á solución NextCloud da que xa falamos nun boletín anterior.

Segue a

Jorge Lama (@raivenra)
Editor de Xeración Ñu, profesor de informática e activista do software libre

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600