A fundación “The Document Foundation“, que está detrás do desenvolvemento de LibreOffice, anunciou a quinta revisión da versión 6 da suite ofimática, versión que conta coas máis novidosas características enfocadas a entusiastas e usuarios máis atrevidos; pero despois de catro revisións menores, nesta quinta revisión máis madura, dende a fundación declaran que tamén está lista para calquera usuario e entornos empresariais.

Dende a “Document Fundation” recomendan a instalación, despregue ou desenvolvementos personalizados en entornos de produción da man de profesionais certificados, como poden ser as empresas galegas Igalia ou LibreBit, presentes no listado da páxina web.

Como ven sendo habitual o paquete LibreOffice conta coa localización e tradución ao galego e ao castelán, tanto da interface de usuario coma da axuda integrada, así como cos correspondentes correctores ortográficos.
Poden verse as notas da versión aquí.

Pin It on Pinterest

Share This