Arranca a organización da OSHWDem 2018 coa apertura do Call4Makers

Venres, 27 Xullo 2018

A asociación Bricolabs ao abeiro do convenio da Amtega coas asociacións de software libre organiza o evento anual OSHWDem (Open Source Hardware Demonstration). A OSHWDem é unha feira de tecnoloxía libre que se celebra cada ano na Coruña dende hai 7 anos, trátase do evento “maker” con maior afluencia de Galicia. Este ano realizarase no museo Domus o sábado 10 de novembro.

A organización do evento é un proceso que comeza moito antes da celebración deste e como non pode ser doutro xeito, a organización da OSHWDem comezou xa hai tempo a aventura de organizar unha nova edición da xornada como comentan no seu blog, un dos primeiros pasos que deron de cara a levar a cabo a OSHWDem foi a de convocar o “Call4Makers”, o cal é un chamamento para que todas aquelas persoas que queiran expoñer o seu proxecto durante a feira o poidan facer sempre e cando sexan seleccionadas.

Para estar ao tanto desta e doutras novidades relacionadas co evento a organización recomenda seguir a súa conta de twitter.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal