A empresa fornecedora do sistema operativo GNU/Linux, SUSE, que leva en activo dende 1992 e foi unha das primeiras empresa en ofrecer este de forma comercial, ven de anunciar a versión número 15 da súa distribución empresarial, SUSE Linux Enterprise. Aínda que o anuncio xa se produciu a finais de xuño, a nova versión non estará dispoñible ata mediados deste mes.

Esta nova versión da distribución do camaleón chega para suceder á 12, liberada en 2014 e que conta con soporte ordinario ata 2024 e o estendido ata 2027.
SUSE SLES 15 contará con dez anos de soporte xeral e tres máis de soporte estendido, as novidades introducidas nesta versión son moitas, as destacadas na nota da versión son a introdución de Python 3 como a versión por defecto desta linguaxe de programación, a posibilidade de administración con Salt, a substitucións de OpenLDAP por 389 Directory Server e os distintos xeitos de instalación posibles a través do instalador unificado ou dende openSUSE Leap.

Outras novidades do mundo SUSE

A finais do mes de xuño comezaron os rumores dunha posible compra de SUSE por parte da Sueca EQT Partners, rumores que se fixeron certos o 2 de xullo, como se pode ver na páxina web de EQT, nova na cal nos contan que manterán SUSE como unha empresa independente e que tratarán de fortalecer a súa posición como unha das empresas líderes no software libre fomentando o negocio na nube pública de SUSE.

Pin It on Pinterest

Share This