O proxecto Trasno, que é un proxecto que se adica a traducir software libre ao galego, acaba de anunciarnos a nova versión de Hunspell para o galego, a versión 18.07 “Francisco Mirás”.

O corrector ortográfico Hunspell é un corrector ortográfico libre que permite corrixir os textos en diversas aplicacións, como por exemplo en LibreOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird, Chromium, GIMP, Scribus e moitos máis. Dende o proxecto Trasno tamén apuntan a que é a única ferramenta de corrección ortográfica de software libre con soporte para o galego.

Esta nova versión do corrector ortográfico Hunspell, a número 18.07, nomeada como “Francisco Mirás” en homenaxe ao primeiro estudoso que elaborou o que se pode chamar a primeira gramática galega.
O desenvolvemento foi coordinado por Antón Méixome e con importantes contribucións de Adrián Chaves, alén de achegas da comunidade.
Nesta nova versión, o dicionario contén 230.125 entradas e suxestións (fronte ás 85.974 da versión do ano 2013).

De momento esta versión está en fase beta, máis dende Trasno animan a toda persoa que queira probala a que o faga e se atopan erros os notifiquen, para así mellorar a calidade deste corrector.

Fonte: http://trasno.gal/2018/07/28/hunspell-para-o-galego-version-18-07-francisco-miras/

Pin It on Pinterest

Share This