Non é ningunha novidade o compromiso do concello de Barcelona co software libre. Dende Mancomún xa temos feito eco de varias novas relacionadas, onde contabamos o compromiso adquirido e plasmado nun plan que prioriza as ferramentas tecnolóxicas libres e respectuosas cos datos.

Seguindo a liña destes compromiso, o concello de Barcelona liberou o código fonte de varios proxectos que dan servizo aos seus cidadáns.
Entre os proxectos liberados atópase o proxecto PICS (do catalán punts d’pnterês de ciutat), que como o nome indica é unha aplicación web de puntos de interese da cidade de Barcelona onde os cidadáns e os turistas poden coñecer puntos de interese. Tamén está liberada a aplicación Vincles BCN, unha aplicación para Android e IOS para manter o contacto cos teus maiores, realizar videoconferencias, enviar vídeos, fotos…
Por último tamén liberaron o código fonte do portal de datos abertos de Barcelona.

As medidas de goberno para a transformación dixital do concello, a guía de xestión de proxectos de software libre, o código fonte destes proxectos, así como o de outros proxectos liberados atópase recopilado na páxina do concello no github.

Pin It on Pinterest

Share This