Novas

Publicamos un novo artigo tecnolóxico da serie sobre os Sistemas de Información Xeográfica o cal fai unha revisión das distintas ferramentas GIS de escritorio

Dentro da iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra impartirase un obradoiro sobre Wordpress titulado "A túa páxina web con Wordress (Continuacion)" que terá lugar en Lalín o 25 de abril.

O software de finanzas GnuCash, que é o proxecto destacado deste mes, libera a súa versión 3.0.

En mancomún fixémonos eco dunha serie de sesións tituladas "GSIC&beers" que comezaron o xoves 12 de abril con unhas charlas sobre ferramentas libres.

O CNTG organizou unha xornada sobre a plataforma OpenStack de Red Hat

No CDTIC terá lugar unha sesión introdutoria ao sistema de monitorización Zabbix e a aplicabilidade a outros campos como a industria.

No portal de Mancomún xa comentamos con anterioridade que GPUL comeza a preparar os GPUL Labs dos que tiveron lugar varios eventos desta serie, como o "Os GPUL Labs continúan con unha sesión de introdución ao framework Nest"


Proxecto destacado

logo GnuCash GnuCash é un programa que forma parte do proxecto GNU o cal comezou como un sistema de finanzas persoal que viu a súa primeira versión no ano 1998. Máis adiante este software foi incorporando funcionalidades propias de sistemas de finanzas para pequenas empresas. Polo que hoxe en día se pode dicir que a aplicación GnuCash é unha aplicación válida para levar conta das finanzas de PEMEs e autónomos.

É un programa multiplataforma publicado baixo a licenza GPL e que ten como finalidade axudar nas tarefas financieiras persoais e de pequena empresa tendo como funcionalidades principais: Implementación de sistema de contabilidade partida dobre. Aparencia de libro de rexistro de operacións. Creación de transacións programadas. Realización de informes e gráficas. Categorización de transaccións. Xestión de clientes, fornecedores, facturas...

Pin It on Pinterest

Share This