Este xoves 5 de abril de 16:00 a 20:00 o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, tamén coñecido como CNTG, organiza na súa sede unha xornada sobre a plataforma OpenStack de Red Hat.

OpenStack é un proxecto de software libre de computación na nube que proporciona infraestrutura como servizo (IaaS), isto é, unha infraestrutura informática inmediata que se aprovisiona e administra a través da rede. Permite reducir e/ou escalar verticalmente os recursos con rapidez, para axustalos á demanda, e págase por uso.

A xornada será impartida por Fernando Ruiz-Tapiador e constará dunha pequena introdución teórica á que seguirán dous obradoiros guiados paso a paso.

Para máis información, podes consultar a páxina do evento e podes realizar a inscrición no evento a través da ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This