O Xoves 12 de abril terá lugar na Coruña a primeira das sesión de GSICK&beers, unha nova iniciativa que xurde no Grupo de Seguridade da información de A Coruña, tamén coñecido como GSIC, e que ten como obxectivo facer comunidade local arredor da seguridade da información tendo como ferramentas a realización de sesións mensuais que se compoñerán de tres charlas breves arredor da seguridade e tecnoloxías web.

Esta primeira sesión conta con dúas conferencias sobre tecnoloxías libres:

A primeira, titulada “¿Cómo crear un aplicación con Angular en menos de 5 minutos?”, está impartida por Ana Cidre e Verónica Pérez Duro e será sobre AngularJS, que é un framework para desenvolvemento web empregando JavaScript desenvolvido por Google e licenciado coa licenza MIT que nos axuda a realizar interfaces web dunha forma moi áxil e rápida.

A segunda está titulada “¿Conoces a LilyPad?”, que impartirá Ana Martínez Pardo e falará sobre Arduino LilyPad. Arduino é unha plataforma de prototipado de microcontroladores composta por hardware e software libre moi empregada no mundo “Maker”, existen varios tipos de placas para realizar o prototipado, unha delas é LilyPad, que ten como característica principal ser o que se coñece como “wearable”, é dicir que se pode vestir, pois o LilyPad pode coserse á roupa e pode lavarse á man.

Pódese ver máis información sobre o evento na páxina de GSICKMinds así como apuntarte ao evento nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This