Hoxe continuamos a serie de artigos tecnolóxicos centrados en ferramentas de Información Xeográfica, tamén coñecidas como SIX, ou en inglés GIS (Geographic Information System).

Dentro desta serie comezamos cun artigo que se centraba na solución QGIS, e con anterioridade realizamos un artigo centrado en gvSIG. Ambas, gvSIG e QGIS son as aplicacións GIS de escritorio libres máis empregadas, polo que esta nova entrega céntrase en realizar unha comparativa entre estas dúas aplicacións, sen esquecernos de que existen outras alternativas, tamén libres, a estas dúas aplicacións.

Neste segundo artigo realizase unha comparación entre gvSIG e QGIS, abordando diversos aspectos, dende como comezaron os proxectos, como funcionan, cada canto hai novas versión ata que presenza teñen no ecosistema galego. A parte desta comparativa entre as dúas solucións de escritorio máis empregadas en Sistemas de Información Xeográfica, tamén se comentan brevemente outras alternativas libres que poden resultar interesantes.

Pin It on Pinterest

Share This