GnuCash, que forma parte do proxecto GNU, comezou como un sistema de finanzas persoal no ano 1998, pero que pouco a pouco foi incorporando funcionalidades propias de sistemas de finanzas para pequenas empresas. Polo que hoxe en día se pode dicir que a aplicación GnuCash é unha aplicación válida para levar conta das finanzas de PEMEs e autónomos.

A ferramenta de finanzas de GNU lanzou a principios de mes a súa nova versión 3.0 que da comezo a unha nova serie de versións estables.
Entre as novas características e funcionalidades desta versión están:

  • A aplicación agora emprega o toolkit GTK 3 e a API WebKit2Gtk.
  • Nova interface de usuarios para xestionar ficheiros asociados a transaccións.
  • Novo forma de eliminar prezos antigos na base de datos que facilita o proceso.
  • Novos tipos de informes.
  • Novos importador de CSV.

E moitas outras novidades que pode ver ao completo no anuncio da versión.

A aplicación, que é multiplataforma, pódese descargar dende a páxina web oficial.

Pin It on Pinterest

Share This