Número 100 – Boletín de Software Libre na Administración – Novembro 2022

Martes, 22 Novembro 2022

Novas

  • Estudo sobre o mantemento dos pequenos proxectos vulnerables de software libre [Ler máis…]
  • Mobilizon v3 [Ler máis…]
  • Comunidade italiana de desenvolvedores de servizos públicos [Ler máis…]
  • Aplicacións libres para Android: AntennaPod, leva os teus podcast no peto [Ler máis…]
  • TEDective da FSFE, programa de análise do gasto público, gaña o Datathon da UE [Ler máis…]

Formación e eventos

  • Mancomún Podcast: Entrevista a Ana Jiménez, OSPO Program Manager en Linux Foundation [Ler máis…]
  • Faladoiros Mancomún 2022, con María Arias de Reyna [Ler máis…]
  • Librecon 2022 [Ler máis…]

Caso de éxito

Brain4it é unha plataforma de software libre (European Public License – EUPL) desenvolvida polo Concello de Sant Feliu de Llobregat para xestionar e monitorizar as infraestruturas da Smart City, que se denomina City Operating System, así como para desenvolver sistemas expertos e outras aplicacións de intelixencia artificial.

A incorporación de novas xeracións de tecnoloxías e metodoloxías que permiten máis e mellores capacidades de captación, tratamento e almacenamento de datos, permitiron ao Concello intervir no funcionamento da cidade de forma intelixente, para ofrecer mellores servizos aos cidadáns, e optimizar os procesos internos.

Proxecto destacado

Apache NetBeans proporciona editores e asistentes para axudar a crear aplicacións en Java, PHP e noutras linguaxes. É unha ferramenta de software libre (licenza Apache 2.0) e multiplataforma, podendo instalarse en todos os sistemas operativos que soportan Java (Windows, GNU/Linux, Mac OSX e BSD).

Apache NetBeans é moito máis que un editor de texto. Resalta o código fonte sintáctica e semanticamente, permite refactorizar facilmente o código, cunha gama de ferramentas útiles e potentes.

Segue a…

Conta de twitter de Sentilo (@sentilo_io), plataforma de sensores e actuadores de software libre deseñada para encaixar na arquitectura Smart City de calquera cidade que busque a apertura e a fácil interoperabilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal