Librecon 2022

Martes, 8 Novembro 2022
Librecon 2022

O 15 e 16 de novembro, no Palacio de Euskalduna en Bilbao, terá lugar a 10ª edición da Librecon, evento internacional do sector das tecnoloxías abertas aplicadas a sectores estratéxicos da economía.

cartel

Este congreso reúne a máis de 1200 profesionais, máis de 50 conferencias e máis de 100 relatores en 2 días cheos de tecnoloxía e innovación, onde o coñecemento e o networking serán os protagonistas.

img

Os 6 bloques temáticos principais serán:
– Ciberseguridade
– Innovación aberta
– Metaverso, Web3 e NFTs
– Computación cuántica
– Industria 5.0 e edge computing
– Transformación dixital
– Formación e emprego no sector IT

img

Librecon 2022 está organizado por ESLE, a asociación de empresas de tecnoloxías libres e coñecemento aberto de Euskadi, e My Public Inbox, a plataforma de referencia de mellora de impacto de perfís públicos na internet. Conta, ademais, co apoio institucional do Goberno Vasco, Spri, a Deputación Foral de Bizkaia e o Concello de Bilbao.

tabla

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal