Developers Italia, contén unha ampla colección de compoñentes reutilizables de software libre para a integración dos servizos públicos coas plataformas nacionais (identidade dixital, pagos dixitais, rexistro nacional de poboación, big data…).
Developers Italia contén tamén un catálogo de solucións gratuítas e de software libre postas ao dispor das Administracións Públicas.
Se es unha Administración Pública, ou un provedor que traballa coa Administración Pública, en Developers Italia poderás atopar a comunidade e os recursos útiles para desenvolver os teus servizos dixitais. En Developers Italia podes atopar as bibliotecas, os SDK, a documentación, os fragmentos de código, os recursos e as contornas de proba que necesitas para integrar no teu servizo as plataformas habilitadoras definidas polo Plan Trienal das TIC. Os repositorios son mantidos pola comunidade e, como tales, están abertos ás túas contribucións.
O motor de procura de Developers Italia permite atopar todo o software posto en reutilización por outras Administracións xunto co software libre desenvolto por terceiros para as Administracións Públicas. O catálogo de APIs contén unha colección de servizos públicos accesibles a través da interoperabilidade, xunto coa documentación relativa e as descricións OpenAPI, para permitir a construción de servizos públicos dixitais modernos.
Todas as administracións están obrigadas por lei a publicar dentro de Developers Italia o software que encargaron. As Directrices explican en detalle o proceso e inclúen algúns anexos técnicos que as administracións poden incluír nos seus contratos cos seus provedores para garantir o cumprimento das devanditas directrices.