Nesta entrega veremos AntennaPod, aplicación libre para xestionar os teus podcast en Android.

AntennaPod é un reprodutor de podcast de software libre co cal podes subscribirte a calquera canle RSS. Está construído por voluntarios sen interese comercial, polo que respecta a túa privacidade e dache un control sobre da aplicación.

A aplicación non contén anuncios. Con AntennaPod, podes descargar os episodios e escoitalos en calquera lugar. Tamén poderás seleccionar os podcast que deben descargarse automaticamente.

Podes conseguir a aplicación oficial de AntennaPod en Google Play ou F-Droid.

Pílula en vídeo sobre AntennaPod

 

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android.

Pin It on Pinterest

Share This