A proposta da FSFE ‘TEDective’ gañou o primeiro premio no desafío ‘transparency in public procurement’ (transparencia na licitación pública) do Datathon da UE – a competición europea de datos abertos. TEDective é un programa de axuda da análise en gasto público.

Alexander Sander e Linus Sehn, membros do equipo TEDective, reciben o galardón do Datathon promovido pola UE.

TEDective

TEDective funciona cos datos de ofertas públicas. O programa prototipo axúdanos a analizar de que maneira as administracións públicas gastan o seu diñeiro. Por exemplo, permite aos xornalistas pescudar canto diñeiro gasta o goberno en licenzas Microsoft e produtos, pero ademais axuda a comparar este gasto con outras rexións en casos similares ou mesmo en relación con outros países.

Utilizando datos abertos, este programa de Software Libre empodera aos cidadáns facendo que os datos das licitacións da UE sexan accesibles a todo aquel que queira consultalos e utilizalos.

“Aínda que poidan parecer aburridos a primeira vista, os datos de TED revelan información crucial sobre a actividade económica das empresas e das organizacións estatais. Como non existía ningunha solución de Software Libre que fixese accesibles estes datos aos non expertos, isto é o que tentamos facer con TEDective”, explica Linus Sehn, administrador de sistemas da FSFE e un dos membros do equipo de TEDective.

Desenvolvido coa axuda de Michael Weimann, e liberado como un proxecto compatible con REUSE baixo unha licenza de software libre, TEDective mellora o acceso aos datos publicados por Tenders Electronic Daily (TED). Está dispoñible sen custos tanto para uso comercial como non comercial; está actualizada (actualízase polo menos mensualmente), depurada e pode descargarse de forma masiva, estando dispoñible como Open Contracting Data Standard (OCDS) para permitir a interoperabilidade.

Se eres un experto en datos que desexa colaborar, podes enviar un correo electrónico a tedective@fsfe.org.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This