Luns, 7 Novembro 2022

Faladoiros Mancomún 2022, con María Arias de Reyna

Vídeo

Voltamos cos “Faladoiros de Mancomún”. Charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

portada

Neste segundo faladoiro de 2022, contamos coa participación de:

– Bárbara Román, CEO da empresa Nolegaltech

– María Arias de Reyna, Enxeñeira de Software especializada en tecnoloxías xeoespaciais (GIS), activista do open software e do open data. Foi Presidenta de OSGeo e unha das desenvolvedoras principais de GeoNetwork.

Vídeo do Faladoiro

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal