Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

Mércores, 20 Xaneiro 2021

Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, lanzaron no ano 2020 a terceira edición do programa ‘GIRL STEM: derrubando estereotipos’, que busca reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de persoas matriculadas.

O programa achegou seis conversas gravadas con mulleres referentes, que achegaron a súa experiencia ás rapazas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos.

De forma similar, no campo da informática e das telecomunicacións, a problemática da presenza femenina é parecida (incluso peor no tocante á porcentaxe de mulleres matriculadas nestas carreiras).

Partindo deste contexto, no mundo do software libre vamos atoparnos coas mesmas cifras, polo que para contrarrestalo, dende Mancomún vimos traballando para visibilizar a existencia de mulleres no software libre.

Aproveitando que rematou o ano, vamos facer un repaso das mulleres que pasaron polos micros de Mancomún Podcast

Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

01 – Programa#31 – Entrevista á xente de iuvia sobre soberanía dixital

Neste programa, falamos con Sofía Prósper sobre temas relacionados coa soberanía dixital, o control dos nosos datos e un proxecto moi interesante que está levando a cabo con outros compañeiros, iuvia:
https://www.mancomun.gal/noticias/31-mancomun-podcast-entrevista-a-xente-de-iuvia-sobre-soberania-dixital/

Linkedin de Sofía Prósper

Enlaces mencionados no programa

Iuvia
https://iuvia.io/

Trackula
https://trackula.org/es/page/about/

Nothing to hide argument
https://en.wikipedia.org/wiki/Nothing_to_hide_argument

Glenn Greenwald
https://en.wikipedia.org/wiki/Glenn_Greenwald

Edward Snowden
https://gl.wikipedia.org/wiki/Edward_Snowden

Tactical Tech – Me and my shadow
https://myshadow.org/

Privacy Tools
https://www.privacytools.io/

02 – Programa#33-Mancomún Podcast: Difusión do software libre e organización de eventos

Nesta ocasión contamos con Bárbara Román do podcast “Nolegaltech Radio”, para falar sobre como vemos o panorama actual español sobre a difusión do software libre e a organización de eventos:
https://www.mancomun.gal/noticias/33-mancomun-podcast-difusion-do-software-libre-e-organizacion-de-eventos/

Linkedin de Bárbara Román

Enlaces mencionados no programa

– Ubuntu y otras hierbas
https://www.ivoox.com/podcast-podcast-ubuntu-otras-hierbas_sq_f1412582_1.html

– Nolegaltech Radio
https://archive.org/details/nolegaltech-radio-temp-02
https://www.ivoox.com/podcast-nolegaltech-radio_sq_f1446265_1.html

03 – Programa#34 – Entrevista á xente de Nolegaltech

Contamos con parte da xente da empresa Nolegaltech (Bárbara Román e María Cerviño).

Nolegaltech é unha consultora especializada en dereito tecnolóxico, na que están familiarizadas coas licenzas Creative Commons e o código aberto:
https://www.mancomun.gal/noticias/34-mancomun-podcast-entrevista-a-xente-de-nolegaltech/

Linkedin de María Cerviño

Enlaces mencionados no programa

– Nolegaltech
https://www.nolegaltech.com/

– Cómic “La jungla del software”
https://comic.nolegaltech.com/

– Nolegaltech Radio
https://archive.org/details/nolegaltech-radio-temp-02
https://www.ivoox.com/podcast-nolegaltech-radio_sq_f1446265_1.html

04 – Programa#37 – Informática forense dixital, con Pilar Vila

Outro dos eidos onde se empregan ferramentas de software libre é a ciberseguridade e a informática forense dixital. Nesta ocasión estivemos acompañados de Pilar Vila, CEO e fundadora de Forensic and Security:
https://www.mancomun.gal/noticias/37-mancomun-podcast-informatica-forense-dixital-con-pilar-vila/

Linkedin de Pilar Vila

Enlaces mencionados no programa

SIFT Workstation
https://digital-forensics.sans.org/community/downloads

Kali Linux
https://www.kali.org/

Santoku Linux
https://santoku-linux.com/

Caine Linux
https://www.caine-live.net/

The Sleuth kit
https://www.sleuthkit.org/

Autopsy
https://www.autopsy.com/

LiME
https://github.com/504ensicsLabs/LiME

Volatility
https://github.com/volatilityfoundation/volatility

ExifTool
https://exiftool.org/

05 – Programa#38 – Nenos e tecnoloxía libre, con Iraisy Figueroa

Esta vez, con Iraisy Carolina Figueroa Silva, Enxeñeira Técnica Industrial de formación e maker de corazón.

Iraisy está relacionada co mundo maker galego e a educación:
https://www.mancomun.gal/noticias/38-mancomun-podcast-nenos-e-tecnoloxia-libre-con-iraisy-figueroa/

Linkedin de Iraisy Figueroa

Enlaces mencionados no programa

Sapoconcho
https://bricolabs.cc/wiki/proyectos/sapoconcho

Bricolabs
https://bricolabs.cc/

OSHWDem
https://oshwdem.org/

06 – Programa#39-Mancomún Podcast: Software libre na universidade, con Laura Castro

Laura Castro Souto, Enxeñeira informática, profesora e investigadora do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade de Informática da Coruña.

Defínese a si mesma como unha aprendiz constante, feminista e geek, polo que pega bastante coa nosa forma de ver o mundo en Mancomún:
https://www.mancomun.gal/noticias/39-mancomun-podcast-software-libre-na-universidade-con-laura-castro/

Linkedin de Laura Castro

Enlaces mencionados no programa

– Dra. Laura Milagros Castro Souto – Universidade da Coruña
https://pdi.udc.es/gl/File/Pdi/W46ZG

– Twitter de Laura Castro
@lauramcastro

– Premio ao mellor proxecto universitario libre
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/

07 – Programa#41 – Virginia Díez de Wikimedia España

Todo o mundo coñece a Wikipedia, repositorio mundial de gran parte do coñecemento humano no que calquera pode contribuír, pero non todo o mundo sabe que Wikipedia non é máis que un dos proxectos que está baixo Wikimedia.

Wikimedia reúne a 11 proxectos que permiten expandir Wikipedia, xerar coñecemento compartido en distintos formatos e mellorar o acceso á información para todo o mundo.

Neste programa contamos con Virginia Díez, Directora de Comunicacións e Políticas Públicas de Wikimedia España, para coñecer un pouco mellor estes proxectos. Virginia defínese a si mesma como activista, comunicadora e mediadora cultural con opinións propias:
https://www.mancomun.gal/noticias/41-mancomun-podcast-virginia-diez-de-wikimedia-espana/

– Twitter de Virginia Díez
https://twitter.com/Gini10

Enlaces mencionados no programa

– Wikipedia
https://es.wikipedia.org/

– Wikimedia España
https://www.wikimedia.es/gl/inicio-gl/

08 – Programa#42 – Big data, software libre e CiTIUS

Atopámonos no CiTIUS, o Centro singular de Investigacións de Tecnoloxías Intelixentes da USC, onde vamos charlar con Paula López, directora adxunta do CiTIUS, para coñecer mellor o centro:
https://www.mancomun.gal/noticias/42-mancomun-podcast-big-data-software-libre-e-citius/

Linkedin de Paula López

Enlaces mencionados no programa

– CiTIUS
https://citius.usc.es/

– eXtream: a System for Real-time Monitoring of Dynamic Web Sources
https://citius.usc.es/investigacion/publicacions/listado/extream-system-real-time-monitoring-dynamic-web-sources

– sci-hub
https://sci-hub.st/

09 – Programa#43 – María Arias de Reyna, activista do software libre e do open data

Nesta ocasión contouse con María Arias de Reyna, activista do software libre e do opendata, entre outras moitas cousas interesantes.

María é Enxeñeira de Software especializada en tecnoloxías xeoespaciais (XIS) e foi ata hai pouco Presidenta de OSGeo:
https://www.mancomun.gal/noticias/43-mancomun-podcast-maria-arias-de-reyna-activista-do-software-libre-e-do-open-data/

Linkedin de María Arias de Reyna

Enlaces mencionados no programa

– OSGeo
https://www.osgeo.org/

– RedHat
https://www.redhat.com/es

– OSM
https://www.openstreetmap.org/

– Apache Camel
https://github.com/apache/camel

– Syndesis
https://github.com/syndesisio/syndesis/

10 – Programa#45 – María J. Rodríguez, e-Learning no Centro de Supercomputación de Galicia

E para finalizar o ano falamos con María J. Rodríguez, filóloga e pedagoga, responsable da Área de E-learning e Colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia, máis coñecido por CESGA.

María José participou en más de 40 proxectos de investigación en relación coas TIC aplicadas a diferentes procesos formativos a nivel nacional e internacional:
https://www.mancomun.gal/noticias/45-mancomun-podcast-maria-j-rodriguez-e-learning-no-centro-de-supercomputacion-de-galicia/

Linkedin de María J. Rodríguez

Enlaces mencionados no programa

– CESGA
http://www.cesga.es/

Como podedes ver, no ano 2020 en Mancomún Podcast, tocamos diferentes eidos relacionados co mundo do software libre e tivemos conversas moi interesantes con mulleres que traballan, estudan, investigan e divulgan estas temáticas que tanto nos gustan.

Esperamos para o 2021, seguir contando con máis testemuñas deste nivel.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal